viernes, 19 de diciembre de 2014

Doce de Nadal: Tarta volteada de ananás

Hoxe na última sesión do taller de cociña deste trimestre aproveitamos a unidade didáctica do Nadal, na que estivemos a traballar durante este mes de decembro, para realizar un doce para estas festas.

Queriamos dar as grazas a todas as familias por participar tan activamente en todas as actividades que fomos propoñendo e por terdes tan boas aportacións.

Nesta ocasión grazas á presenza dun compañeiro da aula de orixe venezolana, puidemos desfrutar dun dos postres típicos do Nadal nese país. Desde aquí moitas grazas á súa familia por vir á aula e axudarnos a preparar a receita. Estaba riquísimo!!

viernes, 21 de noviembre de 2014

Proxecto Microscopio

Unha das propostas dentro do Plan Lector é potenciar o traballo da educación emocional ao longo de todo o curso. Deste xeito, e seguindo a liña da filosofía para nenos, traballaremos co Proxecto Microscopio, da editorial Everest. Son cinco libros que contan a historia de cinco personaxes infantís: Lara, Óscar, Salvatore, María e Antón; e a través deles preténdese incidir nas habilidades de pensamento, na intelixencia emocional e na educación en valores, entre outros aspectos. Todo isto nunha liña filosófica orientada a espertar a curiosidade e o asombro:

 
 

jueves, 20 de noviembre de 2014

Feliz Día do Nen@!!

O 20 de novembro de 1959 aprobouse a Declaración dos Dereitos do Neno e desde entón, en todo o mundo e nesta data, celébrase o Día Universal dos Nenos e Nenas.

A nosa labor non sería posible sen os nosos pequen@s, que cos seus sorrisos nos mostran sempre todo o bonito que ten a vida.

Por isto e por moito máis...Feliz día a todos os nenos e nenas!!!

martes, 18 de noviembre de 2014

Manualidades de outono


Aproveitando estes meses de outono fixemos varias saídas ao bosque para recoller castañas, piñas...e con todo isto e materiais de refugallo realizamos varias manualidades. Aínda que os pequenos xa as levaron para a casa fixemos esta presentación para que vexades que bonitas nos quedaron.

viernes, 14 de noviembre de 2014

Receitas de outono

No taller de cociña que estamos levando a cabo neste primeiro trimestre realizamos algunhas receitas con productos típicos do outono ou relacionadas con esta estación e queríamos darvos as grazas pola vosa colaboración.
Os nenos e nenas divertíronse moito facéndoas así que desde aquí vos animamos a que as elaboredes con eles na casa, son moi sinxelas!

Para a ensalada de outono empregamos noces, mazás, peras, queixo fresco, leituga, granada, uvas pasas, sal e aceite; aínda que podedes utilizar outros produtos se preferides.

 Os ingredientes dos cogomelos dos ananiños son ovos cocidos, bonito en lata, chícharos, olivas verdes sen óso, maionesa, tomates, aceite e sal.

                                                                                    

lunes, 27 de octubre de 2014

Estes días como xa sabedes estamos a celebrar a festa do Samaín. Aquí vos deixamos dúas actividades para traballar a lóxica-matemática: unha ficha sobre os números e un puzle dunha pantasma.





Receitas para o Samaín

Nas últimas sesións do taller de cociña estivemos preparando dúas receitas para o Samaín. Quedarónnnos moi ricas!!